Viveiros de empresas de Barro-Meis e Lalín

Espazos do centro de servizos e apoio empresarial

O centro de servizos e apoio empresarial de Barro conta con dúas salas, unha multiusos e outra de reunións, á disposición das persoas interesadas que precisen de espazos destas características debido á súa actividade.

Sala de reunións

85,05 m² que as persoas emprendedoras usuarias do polígono, do viveiro de empresas ou do centro de servizos e apoio empresarial poden utilizar para a realización de actividades relacionadas co seu traballo.

Sala multiusos

170,00 m² que constitúen un espazo versátil polas posibilidades de utilización que presenta ao longo de todo o ano para actividades como charlas, conferencias, congresos, convencións, exposicións, grandes reunións de empresa ou actos sociais relacionados co emprendemento.