Viveiros de empresas de Barro-Meis e Lalín

Terreos e parcelas do Polígono industrial de Barro

O polígono industrial de Barro conta con:

  • 76 parcelas resultantes do proxecto de parcelamento, a un prezo de 99 €/m² mais IVE para pagar en dez anos

Espazos ocupados

  • 44 parcelas: 40 ocupadas por empresas, dúas polo viveiro de empresas e o centro de servizos de apoio empresarial e outras dúas reservadas para a Deputación

Espazos dispoñibles

  • 32 espazos libres

Empresas instaladas no polígono

  • Estación de Servizo Low Cost 2015. Parcela 1 (tipo A, 1.800,00 m²): gasolineira de baixo custo
  • T. C. Group Atlántico. Parcelas 2 e 3 (tipo A, 3.600,00 m²): exportación e importación de froitas e verduras
  • Aricur. Parcela 6 (tipo A, 1.800,00 m²): escavación e transporte de areas e gravas
  • Balvalen. Parcelas 7 e 8 (tipo A, 4.992,00 m²): servizos de transporte
  • Hijos de Rivera (Estrella Galicia). Parcelas 10 e 14 (tipo A, 5.375,86 m²): centro loxístico para a distribución de Estrella Galicia na provincia
  • Rafael Díaz Buceta. Parcela 11 (tipo A, 2.459,95 m2): transporte de madeira
  • Novas Rías. Parcela 12 (tipo A, 1.800,00 m²): axencia de aluguer de autobuses
  • José Benito González Villaverde (Trabegóns). Parcela 13 (tipo A, 1.941,00 m²): transporte de mercadorías
  • Frutas Moncho. Parcela 16 (tipo A, 2.080,37 m²): venda de froitas e verduras
  • Transfrío. Parcela 17 (tipo A, 3.071,74 m2): transporte de pescado e marisco fresco
  • Mariscos Alumar. Parcelas 1 e 3 (tipo B, 3.437,77 m2): cocedoiro de mariscos
  • Docer. Parcela 2 (tipo B, 1.525,45 m²): instalación e mantemento de chemineas, estufas e sistemas de calefacción
  • Gescogra. Parcela 6 (tipo B, 2.082,03 m²): industria dedicada á transformación de granito e cuarzo
  • Gasóleos Xeve. Parcela 7 (tipo B, 2.336,10 m²): distribuidora de gasóleos a domicilio
  • Distribuciones Froiz. Parcelas da 1 á 18 (tipo D, 88.807,06 m²): centro loxístico para a distribución de alimentación
  • EDF Solar. Parcelas 1 e 3 (tipo E, 6.394,77 m²):  enerxías renovables
  • Caenor. Parcela 2 (tipo E, 2.542,91 m²): deseño e fabricación de encofrados e moldes metálicos para o prefabricado de formigón e obra civil
  • Artesa Rías Baixas. Parcela 10 (tipo E, 2.142,65 m2): venda de produtos de hostalaría e restauración

Última modificación: Monday, 11 November 2019