Viveiros de empresas de Barro-Meis e Lalín

Espazos do viveiro de empresas de Barro

Naves industriais

O viveiro de empresas de Barro dispón dun total de 16 naves, cunha superficie variable de entre 54,75 m2 e 111,10 m2. O prezo destes espazos varía en función de se as ou os viveiristas están no seu primeiro, segundo ou terceiro ano desde a sinatura do acordo de cesión. Así, o prezo por metro cadrado é de 1,78 euros durante o primeiro ano, de 2,67 euros o segundo e de 3,56 euros o terceiro. Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente.

PREZOS DAS NAVES 

NAVES m2 PRIMEIRO ANO (€/m2) SEGUNDO ANO (€/m2) TERCEIRO ANO (€/m2)
1,78 2,67 3,56
1 98,35 211,83 € 317,74 € 423,65 €
2 80,70 173,81 € 260,72 € 347,62 €
3 96,35 207,52 € 311,28 € 415,04 €
4 80,70 173,81 € 260,72 € 347,62 €
5 96,35 207,52 € 311,28 € 415,04 €
6 80,70 173,81 € 260,72 € 347,62 €
7 78,35 168,75 € 253,13 € 337,50 €
8 58,25 125,46 € 188,19 € 250,92 €
9 97,65 210,32 € 315,48 € 420,64 €
10 54,75 117,92 € 176,88 € 235,84 €
11 96,35 207,52 € 311,28 € 415,04 €
12 80,70 173,81 € 260,72 € 347,62 €
13 96,35 207,52 € 311,28 € 415,04 €
14 80,70 173,81 € 260,72 € 347,62 €
15 111,10 239,29 € 358,93 € 478,57 €
16 81,80 176,18 € 264,27 € 352,36 €

 

Oficinas

Nas instalacións situadas no polígono de Barro hai un total de 24 oficinas, 16 dunha superficie de 18 m2 e 8 dunha superficie de 25 m2. As máis pequenas contan con dous postos de traballo, mentres que as dunha superficie maior están preparadas para acoller tres postos de traballo. En ambos os casos están equipadas co mobiliario necesario para facilitar a posta en marcha da actividade das e dos viveiristas da maneira máis rápida e eficaz posible.

PREZOS DAS OFICINAS 

OFICINAS m2 PRIMER AÑO (€/m2) SEGUNDO AÑO (€/m2) TERCER AÑO (€/m2)
2,28 3,42 4,56
1 25,00 68,97 € 103,46 € 137,94 €
2 25,00 68,97 € 103,46 € 137,94 €
3 25,00 68,97 € 103,46 € 137,94 €
4 25,00 68,97 € 103,46 € 137,94 €
5 18,00 49,66 € 74,49 € 99,32 €
6 18,00 49,66 € 74,49 € 99,32 €
7 18,00 49,66 € 74,49 € 99,32 €
8 18,00 49,66 € 74,49 € 99,32 €
9 18,00 49,66 € 74,49 € 99,32 €
10 18,00 49,66 € 74,49 € 99,32 €
11 18,00 49,66 € 74,49 € 99,32 €
12 18,00 49,66 € 74,49 € 99,32 €
13 18,00 49,66 € 74,49 € 99,32 €
14 18,00 49,66 € 74,49 € 99,32 €
15 18,00 49,66 € 74,49 € 99,32 €
16 18,00 49,66 € 74,49 € 99,32 €
17 18,00 49,66 € 74,49 € 99,32 €
18 18,00 49,66 € 74,49 € 99,32 €
19 18,00 49,66 € 74,49 € 99,32 €
20 18,00 49,66 € 74,49 € 99,32 €
21 25,00 68,97 € 103,46 € 137,94 €
22 25,00 68,97 € 103,46 € 137,94 €
23 25,00 68,97 € 103,46 € 137,94 €
24 25,00 68,97 € 103,46 € 137,94 €

 

Espazos comúns

O viveiro de empresas de Barro conta cunha cómoda sala de espera equipada cunha máquina fotocopiadora e diferente material de oficina para facilitarlles ás e aos viveiristas a realización das tarefas administrativas. Ademais, as instalacións contan con tres salas polivalentes dunha superficie de 37 m2 destinadas a salas de reunións e espazos de coworking para persoas emprendedoras que precisen dun espazo axeitado para analizar e preparar o seu proxecto de empresa, establecéndose para elas un prazo de cesión de espazo dun mes renovable mensualmente. Neste último caso, o prezo destes postos de coworking (de 9,25 m2) é de 2,28 euros o m2durante o primeiro ano, 3,42 euros o segundo e 4,56 euros o terceiro, aplicándose, no seu caso, o IVE correspondente.

Planos coas codificacións dos espazos: