Viveiros de empresas de Barro-Meis e Lalín

Servizos del viveiro de empresas de Barro

Administración

O viveiro de empresas é atendido de luns a venres, en horario ininterrompido de 8 a 22 horas, por persoal da Deputación, que se encarga da atención ao público e de que as necesidades das e dos viveristas estean cubertas durante o horario de funcionamento das instalacións.

Rede SmartPeme

A iniciativa SmartPeme consiste nunha rede de puntos nas diferentes comarcas da provincia de Pontevedra, atendidos por asesoras e asesores cualificados en materia TIC (tecnoloxías da información e comunicación), nos que se prestará un servizo de información e asesoramento presencial e personalizado sobre as TIC co obxectivo de mellorar a competitividade empresarial.

Os servizos de SmartPeme están destinados a autónomos, micropemes da provincia de Pontevedra e empresas en xeral. Este colectivo engloba máis de 64.000 pequenas empresas e constitúe máis do 92 % do tecido empresarial da provincia