Concurso de ideas para a construción da ponte peonil que unirá Tomiño e Vila Nova da Cerveira

Resolución do xurado

Unha vez comprobada toda a documentación, certificouse que entre os 24 anteproxectos admitidos había propostas tanto de Galicia e Portugal, debido á proximidade e ao coñecemento do territorio, coma de estudios de arquitectura de Stuttgart e Berlín (Alemaña), Buckinghamshire e Londres (Reino Unido), Vanves (Francia) e do resto do Estado español: Valencia, Madrid, Toledo, Barcelona, Málaga, Asturias ou Cantabria.

Grandes firmas da arquitectura e a enxeñería tan coñecidas coma Álvaro Siza, Javier Zubía e Paula Teles ou Ginés Garrido acaban de copar os tres premios do concurso de ideas desenvolvido pola Deputación de Pontevedra para elixir o deseño da nova ponte peonil sobre o río Miño entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira. O xurado, practicamente por unanimidade, escolleu as propostas, definidas como de "alta categoría", "excelente nivel" e incluso "esculturas sobre o río".

As tres propostas gañadoras, que recibirán un premio de 9.000 euros (IVE excluído), servirán para "poñer o río Miño no mapa internacional" polo seu atractivo. O procedemento para a selección do proxecto final segue coa invitación ás autoras e autores gañadores para a redacción do anteproxecto da ponte. O contrato para redactar este anteproxecto adxudicaráselle á gañadora ou gañador definitivo por un importe de 54.450,00 euros, e agárdase poder resolvelo no que queda de 2018.

Vídeos

Concurso Puente Peatonal

   


Propostas gañadoras