Practicum Depo

Erasmus+

INFORMACIÓN SOBRE OS PROXECTOS ERASMUS+:
Se actualmente eres alumna/o Erasmus+ en prácticas nalgún país da unión europea a través do proxecto Practicum Depo e tes algunha dúbida sobe a situación actual en relación ao COVID-19 ponte en contacto con nós!
Estamos traballando en remoto dende a casa de luns a venres de 09:00 am a 14:00 pm. Escríbenos a túa consulta e responderemos na maior brevidade posible:
mobilidade.fp@depo.es
As consultas que poida haber dos centros educativos dos consorcios Practicum Depo 2018 e 2019 ou de persoal docente tamén se farán a través do correo mobilidade.fp@depo.es
Podedes atopar información que vai actualizando case diariamente o SEPIE (axencia nacional de Erasmus+ en España) na seguinte ligazón:  http://www.sepie.es/coronavirus.html

Novo programa europeo de educación, formación, xuventude e deporte para 2014-2020.

É un programa da Unión Europea, financiado pola Comisión Europea, que apoia unha ampla serie de actividades nos ámbitos da educación, a formación, a xuventude e o deporte.

Erasmus+ ten como obxectivo mellorar as cualificacións e o emprego, así como modernizar a educación, a formación e o traballo xuvenil.

Dentro do ámbito da formación e a educación apoia a mobilidade transnacional nos seguintes ámbitos educativos:

A nivel estatal o Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) é o organismo encargado da xestión, difusión e promoción do programa Erasmus+ no ámbito da educación e a formación (2014-2020); así mesmo, coordina e participa en proxectos nacionais e internacionais.

Última modificación: mércores, 18 marzo 2020

 

  • erasmus +


  • Este proxecto foi financiado co apoio da Comisión Europea. Esta comunicación é responsabilidade exclusiva do seu autor. A Comisión non é responsable do uso que poida facerse da información aquí difundida.