Practicum Depo

Documentos

Relacionados coa mobilidade

  1. Convenio de subvención Erasmus+ Formación Profesional para estudos e/ou prácticas
    Recolle as condicións particulares da mobilidade, o acordo de aprendizaxe, as condicións xerais do convenio e o compromiso de calidade.
  2. Acordo de Aprendizaxe Erasmus+ para mobilidade para estudos e prácticas (Learning Agreement)
    Concreta as prácticas que vai realizar cada unha das persoas participantes.
  3. Compromiso de calidade Erasmus+ para mobilidade para estudos e prácticas (Quality Commitment)
    Establece as obrigas de cada unha das partes que interveñen na mobilidade.
  4. Certificado de incorporación ás prácticas (Incorporation Certificate)
    Xustifica o inicio do período de prácticas da mobilidade.
  5. Certificado de fin de estancia na empresa de prácticas (Certificate of Attendance)
    É emitido pola empresa de prácticas e xestionado pola organización intermediaria logo de finalizar as prácticas.
  6. Europass
    Rexistra formalmente os períodos de aprendizaxe ou formación realizados polo titular en países distintos ao seu, que lle é entregado a cada participante logo da finalización da mobilidade. Máis información dispoñible na sección "Outros documentos de interese".
  7. Diploma de aproveitamento de prácticas no estranxeiro
    É emitido pola propia Deputación de Pontevedra.

Outros documentos de interese

Europass

É un expediente persoal, composto por cinco documentos, que os cidadáns poderán utilizar con carácter voluntario para comunicar e presentar, de xeito claro e sinxelo, as aptitudes, titulacións e certificacións adquiridas ao longo da vida en toda Europa (Unión Europea, Área Económica de Libre Comercio, Espazo Económico Europeo e países candidatos), sempre que desexen buscar traballo ou solicitar a admisión nalgún programa educativo ou formativo.

Documentos Europass

Sobre o documento de mobilidade Europass (pdf)

Recoñecemento da mobilidade

A formación práctica recibida se lle recoñece a cada persoa participante mediante os seguintes instrumentos de recoñecemento da formación e as competencias adquiridas durante a mobilidade:

  • Documento de mobilidade Europass, tramitado pola Deputación de Pontevedra e expedido polo Centro Nacional Europass
  • Certificado de fin de estancia na empresa, expedido pola empresa ou organización de prácticas
  • Diploma de aproveitamento de prácticas no estranxeiro, expedido pola Deputación de Pontevedra 

Última modificación: xoves, 06 xuño 2019

 

  • erasmus +


  • Este proxecto foi financiado co apoio da Comisión Europea. Esta comunicación é responsabilidade exclusiva do seu autor. A Comisión non é responsable do uso que poida facerse da información aquí difundida.