Practicum Depo

Idiomas

Antes da mobilidade

Non se esixe un coñecemento mínimo dos idiomas do país de destino; non obstante, a empresa de acollida poderá establecer un nivel mínimo. Hai que ter en conta que un coñecemento básico vai ser necesario para poder desenvolverse no día a día.

Probas de nivel

O participante deberá realizar unha avaliación en liña da súa competencia lingüística (ao inicio e ao final do período de mobilidade) se a lingua principal de ensinanza ou traballo é alemán, francés, inglés ou italiano, ou cando así se acorde, salvo que sexa nativo da lingua en cuestión.

Se un participante non realiza a avaliación inicial das súas competencias non poderá comezar a súa mobilidade.

A avaliación realízase a través da plataforma OLS.

Apoio lingüístico: ferramenta OLS

O programa ofrécelles apoio lingüístico aos participantes mediante a ferramenta en liña Online Linguistic Support (OLS), dispoñible en alemán, francés, inglés, italiano e neerlandés.

O apoio lingüístico en liña comprende dúas facetas: a avaliación das competencias lingüísticas (ao inicio e ao final da mobilidade), mediante un test en liña de carácter obrigatorio e a posibilidade de seguir formándose mediante a plataforma durante a mobilidade. O uso da ferramenta OLS non ten ningún custo para os participantes.

A preparación lingüística pode realizarse na lingua oficial do país de destino ou de traballo.

Última modificación: Friday, 27 November 2015

 

  • erasmus +


  • Este proxecto foi financiado co apoio da Comisión Europea. Esta comunicación é responsabilidade exclusiva do seu autor. A Comisión non é responsable do uso que poida facerse da información aquí difundida.