Practicum Depo

Mobilidade

Características

  • Duración

    A duración prevista para cada mobilidade é de 196 días (28 semanas) como máximo.
    As prácticas que se realizan na empresa ou organismo son de 194 días, xa que a mobilidade contempla un día para a viaxe de ida e outro para a viaxe de volta.

  • Destino
    Reino Unido, Irlanda, Italia, Malta, Portugal, Alemaña, Romanía, Chipre, Bulgaria, Polonia, Eslovaquia, Grecia, Suecia, Eslovenia, Finlandia, Países Baixos, Noruega, Dinamarca, Islandia e Francia

Axuda

Cada participante recibe unha axuda de apoio individual, destinada a cubrir os gastos de aloxamento, manutención, seguro e transportes locais, e unha axuda para os gastos da viaxe, para o desprazamento de ida e volta entre a cidade de orixe e a de destino.

A axuda destinada ao apoio individual calcúlase en función do número de días da mobilidade e das táboas establecidas para cada país. 

A axuda para os gastos da viaxe é unha cantidade fixa que se establece en función da distancia en quilómetros desde a cidade de orixe ata a de destino.

Practicum Depo axudas

A axuda de mobilidade, tanto a de apoio individual coma a da viaxe, pode non cubrir todos os gastos nos que incorran as persoas participantes.

A axuda financeira non pode usarse para cubrir gastos xa financiados polos fondos europeos.

A empresa de prácticas é libre á hora de decidir pagarlle ao participante algunha axuda económica para sufragar os gastos da estancia. Esta axuda, no caso de existir, é compatible coa que presta o programa Eramus+.

A axuda de mobilidade que lles concede a Deputación de Pontevedra ás persoas participantes, financiada co apoio da Comisión Europea, é compatible con calquera outra fonte de financiamento, incluíndo os ingresos que poidan recibir traballando ao mesmo tempo que realizan os seus estudos ou prácticas, sempre e cando desenvolvan as actividades descritas no "Acordo de aprendizaxe Erasmus+" para a mobilidade de estudantes e as prácticas.

Financiamento da axuda de mobilidade

As axudas de mobilidade concedidas ás persoas participantes están financiadas co apoio da Comisión Europea.

Períodos de pagamento das axudas

Nos 30 días posteriores á firma do convenio de subvención "Erasmus+ Formación Profesional para estudos e/ou prácticas entre a Deputación de Pontevedra e a persoa participante" e non máis tarde da data de inicio do período de mobilidade ou tras a recepción da confirmación da chegada, realizaráselle o primeiro pago de prefinanciamento ao participante, equivalente ao 80 % do importe da axuda de mobilidade.

Última modificación: venres, 07 xuño 2019

 

  • erasmus +


  • Este proxecto foi financiado co apoio da Comisión Europea. Esta comunicación é responsabilidade exclusiva do seu autor. A Comisión non é responsable do uso que poida facerse da información aquí difundida.