Finalizada a mobilidade
- Realizar unha proba de avaliación en liña da competencia lingüística adquirida. Quince días antes da data final da mobilidade os participantes recibirán automaticamente un correo electrónico desde a plataforma para realizar esta proba, que deberá completarse no prazo dun mes desde a recepción do correo.
- Cubrir e enviar un informe en liña (EU Survey). A data límite para o envío non superará os 30 días naturais desde a finalización da súa estancia, xa que se pecha a aplicación. O participante recibirá por e-mail, desde o enderezo replies-will-be-discarged@ec.europa.eu e co asunto "Erasmus+ individual participant report request", a notificación para realizar o informe, que é un cuestionario web con diferentes formatos.
- Enviarlles á Deputación de Pontevedra e ao centro educativo de orixe o informe final detallado sobre as actividades realizadas e as tarefas completadas na empresa.
O cumprimento de todas estas obrigas é indispensable para poder recibir o importe total da axuda. Poderáselles esixir aos estudantes que non presenten os informes o reembolso total ou parcial da subvención recibida.
Última modificación: venres, 27 novembro 2015