Cabecera Depoemprende

Premios Demo Day

Nova edición dos Premios Demo Day, cuxo obxectivo é promover o lanzamento de proxectos emprendedores impulsados polo estudantado de formación profesional, a través dun proceso participativo, competitivo e secuencial que permita identificar e apoiar proxectos con potencial desenvolvemento.

Esta convocatoria está dirixida aos centros educativos de FP da provincia de Pontevedra participantes no proxecto "DepoEmprende na FP" 2019-2020:

  • CIFP Manuel Antonio
  • IES Indalecio Pérez Tizón
  • CPR Daniel Castelao
  • CPR San Miguel
  • EFA A Cancela
  • IES Johan Carballeira
  • IES Montecelo
  • CIFP Carlos Oroza
  • IES de Rodeira
  • IES Plurilingüe Terra de Turonio

Para a celebración destes Premios, o alumnado participante presentará os proxectos empresariais elaborados durante o curso no marco do proxecto DepoEmprende na FP, nun acto que se celebrará:

  • Data: 25 de marzo de 2020 (cancelado)
  • Lugar: Salón de Plenos da Deputación de Pontevedra

Última modificación: xoves, 12 marzo 2020