Prendendo butacas na casa

Prendendo butacas na casa

Este programa ten por finalidade poñer a luz e a atención especialmente sobre o público, para animalo a encher de novo, e en canto a realidade o permita, as butacas dos teatros, devolverlles ás e aos profesionais da cultura todo o que nos ofreceron durante o confinamento con todas as medidas de seguridade e responsabilidade que require a situación.

Dadas as complicacións na evolución da pandemia na provincia reformulamos o programa con oito funcións de teatro en formato virtual con compañías fundamentalmente da provincia de Pontevedra.

Mantemos o compromiso de prender de novo a luz sobre as súas butacas e facémolo, esta vez, para gozar no Nadal do teatro desde a casa. Que comece a función!

Calendario de funcións

Estará dispoñible na páxina web da Deputación de Pontevedra, cada unha delas durante 24 horas desde as 10 da mañá do mesmo día.

Última modificación: luns, 28 decembro 2020