ORAL

O ORAL ten como finalidade informar e asistir o contribuínte, así como xestionar, liquidar, inspeccionar e recadar os tributos e demais ingresos públicos dos concellos e doutras entidades públicas que o deleguen. É importante destacar a súa xestión nas actividades catastrais de acordo cos convenios establecidos, así como a colaboración integral e a xestión recadatoria das sancións de tráfico.

O ORAL, integrado na Tesourería da Deputación, estrutúrase en cinco servizos

  

Competencias

  • Xestión tributaria de impostos, taxas e prezos públicos municipais e doutras entidades de dereito público.
  • Inspección tributaria do imposto sobre actividades económicas (IAE), do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, das taxas e doutros tributos.
  • Recadación voluntaria e executiva dos ingresos locais de carácter público.
  • Xestión catastral do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana (IBI), vía convenios de prestación de servizos co Centro de Xestión Catastral.
  • Resolución das solicitudes, reclamacións e recursos en materias relativas á xestión e inspección tributaria e recadación, dos ingresos de dereito público das entidades delegantes, así como a asistencia, o asesoramento xurídico e a información sobre o contido das competencias legalmente asumidas, tanto ós cidadáns coma ás administracións públicas. Representación e defensa ante os órganos xurisdicionais.
  • Xestión de multas por sancións de tráfico.
  • Asesoramento económico e contable en materia tributaria ás entidades delegantes.
  

 

Avenida de Marín, 9 baixo
36003 Pontevedra
Tel. +34 986 804 100
Fax +34 986 853 015
E-mail: informacion.oral@depo.es

Descargas

Última modificación: venres, 22 marzo 2019