Presidenta

Carmela Silva Rego

Presidenta da Deputación de Pontevedra

Biografía

Naceu no barrio vigués do Calvario. Licenciada en Dereito Económico e diplomada en Maxisterio, habilitada como profesora de Educación Especial, foi deputada do Congreso por Pontevedra na VII Lexislatura. En 2004 ocupou un posto como asesora da ministra de Agricultura, Elena Espinosa, para ser posteriormente nomeada concelleira non electa no Concello de Vigo co alcalde socialista Abel Caballero, ocupando a dirección de Urbanismo.

Nas eleccións xerais de 2008 foi candidata ao Senado polo PSOE na circunscrición de Pontevedra, sendo elixida e nomeada por este partido como portavoz na cámara alta, converténdose na primeira muller portavoz socialista no Senado.

En 2011 liderou a lista socialista de Pontevedra nas eleccións lexislativas e foi elixida deputada, pasando a ser a secretaria segunda da Mesa do Congreso.

En 2008 formou parte como membro nato da executiva de José Luís Rodríguez Zapatero polo seu cargo de vogal do Grupo Parlamentario Socialista no Senado.

É primeira tenente de alcalde no Concello de Vigo desde 2011.

En febreiro de 2012 formou parte da executiva do PSOE liderada por Alfredo Pérez Rubalcaba, na que asumiu a Secretaría de Emigración.

En 2014 foi reelixida membro do Comité Federal do PSOE presidido por Pedro Sánchez.

O 17 de xullo de 2015 foi investida presidenta da Deputación de Pontevedra, pasando a ser a primeira muller en presidir esta institución.