Imaxe representativa do tema Formación e Emprego

Plan de estabilización de emprego temporal

Convocatorias pertencentes ao plan de estabilización de emprego temporal da Deputación para cubrir as necesidades de carácter estrutural e permanente.

Convocatoria do 30 de decembro de 2019

Esta convocatoria ten por obxecto cubrir varios postos de traballo de persoal laboral fixo da Deputación de Pontevedra incluídos na oferta de emprego público do ano 2018 e vinculados ao Plan de estabilización de emprego temporal:

  • Tres postos de traballo de auxiliar de Xestión Tributaria e información, clasificados no grupo equivalente ao C2, por quenda libre. Reservados para persoas con discapacidade
  • Vinte e un postos de traballo de auxiliar de Xestión Tributaria e información, clasificados no grupo equivalente ao grupo C2, por quenda libre

Convocatoria do 31 outubro de 2019

Convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2017, 2018 e 2019 (CE 2019 O)

Tramitación en sede.depo.gal

Convocatoria de 22 de outubro de 2019

Convocatoria de varios procesos pertencentes ao plan de estabilización de emprego temporal da Deputación para cubrir as necesidades de carácter estrutural e permanente nos distintos centros e servizos (CE 2019 S)

Tramitación en sede.depo.gal

Última modificación: luns, 17 febreiro 2020