Imaxe representativa do tema Formación e Emprego

Procesos selectivos - Promoción interna

Convocatoria de varios procesos selectivos, promoción interna, para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral, incluídas en varias ofertas de emprego

 

Convocatoria do 31 outubro de 2019

Convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas e postos vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral fixo da Deputación, incluídas na OEP dos anos 2018 e 2019 reservadas á quenda de promoción interna (CPI 2019 O)

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto, e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG)

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado "217424 Procedementos de selección para o acceso ao emprego público", dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra

  • Bases (BOPPO 31/10/2019)
  • Unha praza de técnica ou técnico superior, quenda de promoción interna
  • Unha praza de técnica ou técnico medio de Administración xeral, quenda de promoción interna
  • Unha praza de técnica ou técnico medio xurídico, quenda de promoción interna
  • Unha praza de técnica ou técnico auxiliar electromecánico, quenda de promoción interna
  • Sete prazas de administrativa ou administrativo de Administración xeral, quenda de promoción interna
  • Unha praza de oficiala ou oficial de Costura e Roupeiro por promoción interna horizontal

Convocatoria de 22 de outubro de 2019

Convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas e postos vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral fixo da Deputación, incluídas na OEP dos anos 2018 e 2019 reservadas á quenda de promoción interna (CPI 2019 S)

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto, e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG)

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado "217424 Procedementos de selección para o acceso ao emprego público", dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra

  • Dúas prazas de coordinadora ou coordinador de brigadas, quenda de promoción interna
  • Un posto de traballo de encargada ou encargado de montaxe, quenda de promoción interna
  • Un posto de traballo de encargada ou encargado de carpintería, quenda de promoción interna

Convocatoria marzo 2019

Convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2016/2017/2018 reservadas á quenda de promoción interna.

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia

Unha praza de técnico/a medio de Administración Xeral

Oito prazas de administrativo ou administrativa

Unha praza de administrativo ou administrativa reservada a persoas con discapacidade

Unha praza de oficiala ou oficial de control e vixilancia

4 postos de traballo no ORAL

Esta convocatoria ten por obxecto a provisión de catro postos de traballo adscritos ao Servizo do ORAL, reservados a persoal laboral fixo da Deputación Provincial de Pontevedra, polo sistema de concurso de méritos específico.

O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO)

Esta rectificación amplía o prazo de presentación de solicitudes para o posto de xefatura de negociado–IIVTNU, que se computará dende esta publicación no BOPPO e polo tempo indicado nas bases, considerándose dentro de prazo as presentadas con anterioridade

Última modificación: martes, 12 novembro 2019