Programa de mantenimiento de los campos de fútbol

Procedemento

Este programa concíbese como un programa de colaboración municipal e o seu procedemento será xestionado polo Servizo de Medio Ambiente.

O procedemento será o seguinte:

Fase inicial

Información previa, mediante un comunicado oficial a todos os concellos, da posta en marcha do programa e envío dun formulario (anexo I) para solicitar as actuacións.

Fase de instrución e aprobación de actuacións

As solicitudes enviadas en tempo e forma por parte dos concellos serán analizadas e validadas por parte do persoal técnico do Servizo de Medio Ambiente.

Conforme ás devanditas solicitudes elaborarase o calendario do programa, que poderá modificarse en caso de condicións climatolóxicas adversas.

Posteriormente poñeranse en coñecemento dos concellos o calendario e as actuacións que realizará a Deputación.

A presentación da solicitude (anexo I) suporá a aceptación do procedemento.

Última modificación: martes, 27 febreiro 2018