Programa de mellora de espazos públicos

Programa de mellora de espazos públicos

O programa ten por obxecto regular o procedemento de subministración de elementos de mobiliario que se concedan con destino a espazos públicos. Os elementos dóanse co fin de mellorar a calidade da vida, a recuperación ambiental dos espazos públicos, xardíns, parques ou outras áreas de lecer degradadas, e en xeral, a protección e mellora do espazo público.

Poderán solicitar estas subvencións tódolos concellos da provincia, cunha poboación de menos de 50.000 habitantes, que desexen acollerse a este Programa e que cumpran cos requisitos do mesmo.

O prazo de presentación das solicitudes de que se acollan a este programa é de 2 meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO)

As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados e se presentarán de xeito telemático a tráves da sede electrónica, no enderezo https://sede.depo.gal