Programa Descúbreas
O programa "Descúbreas" ten dous fíos condutores, por unha banda conta cunha plataforma web que alberga todos os contidos, cun directorio de mulleres artistas, axenda, titoriais sobre o funcionamento da industria musical e unha consultaría en liña e, por outra banda, un programa de mentoría dirixido a oito nenas e mozas de entre 16 e 26 anos da provincia de Pontevedra, que terá como resultado a gravación das súas propias cancións e do seu propio vídeo-clip.
- Bases (BOPPO 26/03/2021)
- Extracto da convocatoria (BOPPO 26/03/2021)
- Tramitación en sede.depo.gal
O obxecto destas bases é regular o procedemento de selección das oito rapazas participantes no programa de mentorización da I Edición do programa "Descúbreas".
Estas oito persoas seleccionadas intervirán nun proceso de mentoría titorizado por persoal especializado do programa "Descúbreas", no que se inclúe:
- Un itinerario individualizado no que se terá en conta as características de cada alumna. Nel detallaranse as sesións de mentoría das que se fará un seguimento pormenorizado
- A gravación dunha canción propia nun estudio
- A gravación e realización dun vídeo-clip de cada artista mentorizada
Enlaces
Última modificación: luns, 29 marzo 2021