Protexa o seu fogar
Tres de cada catro incendios no fogar son causados por neglixencias ou avarías técnicas
Instalación eléctrica
- Non sobrecargue os enchufes ou regretas
- Utilice enchufes e conexións normalizados
- No caso de curtocircuíto corte a corrente
- Nos alpendres realice as instalacións cun instalador autorizado
- Non coloque material combustible preto de enchufes defectuosos ou lámpadas
As nenas e os nenos non coñecen os riscos
- Non deixe as nenas e nenos sós na casa
- Manteña os mistos, chisqueiros ou candeas acesas lonxe do seu alcance
- Protexa os enchufes
- Non deixe aparellos eléctricos quentes ao seu alcance
Precaucións co ferro de pasar
- Non o deixe aceso sobre teas
- Desenchúfeo cando remate de utilizalo
Precaucións co tabaco
- Non fume na cama
- Non baleire os cinceiros incandescentes no lixo
Precaucións coas candeas
- Non as deixe desatendidas
- Non as poña preto de elementos téxtiles
- Apágueas antes de marchar da casa
Precaucións ao usar braseiros
- Evite os gases tóxicos
- Airee as estancias
Precaucións na cociña
- Limpe regularmente o extractor
- Se arde unha tixola non bote auga
- Non desatenda as potas ao lume
Precaucións co gas
- Peche as chaves de paso e/ou válvulas despois de usalas
- Non busque fugas con chisqueiros ou mistos
- Se cheira a gas abra as fiestras e non acenda a luz. Se o cheiro é moi forte avise a veciñanza, abandone a vivenda e chame ao 112
Precaucións coas estufas e caldeiras
- Tanto se son de gas coma eléctricas non as sitúe preto de elementos téxtiles sen supervisión
- Revise e limpe as caldeiras e tiros de fumes con regularidade
Protexa o medio ambiente fronte aos lumes forestais
"Vale máis unha terra con árbores nos montes ca un Estado con ouro nos bancos", Castelao
- Non prenda lume sen permiso
- Vixíe as fogueiras
- Se ve un lume forestal chame ao 085
- Conciencie a veciñanza
- Un monte vivo é unha fonte de ingresos e oportunidades
- Un monte vivo dános calidade de vida
- Galicia produce aproximadamente o 50 % da madeira de España, factura máis de 500 millóns de euros e conta con preto de 2.000 empresas no sector
- O monte é vida
Descargas
Última modificación: mércores, 18 abril 2018