Consorcio Provincial de Bombeiros

Consellos sobre os detectores de incendios no fogar

Os incendios cun maior número de mortes prodúcense mentres durmimos. Estas poderíanse evitar se se instalasen detectores de incendios

Que son? Para que serven?

  • Son pequenos aparellos que detectan o incendio e alertan cun sinal sonoro moi forte. Nun incendio nocturno espertarante. É o mellor sistema de protección mentres durmimos

Como instalalos?

  • Pódense instalar facilmente cun desaparafusador e dous parafusos ou cunha cinta de dobre cara ou cun velcro de agarre resistente

Onde deben colocarse?

  • Nas zonas con máis risco de incendio: salón, cociña e dormitorios. Colocaranse no teito, lonxe das esquinas e a máis de 15 cm da parede máis próxima, ou nunha parede a máis de 10 cm e menos de 30 cm

Cantos detectores preciso?

  • Se os dormitorios están na mesma zona, chega con ter un detector no corredor, preto das habitacións; no caso contrario, un en cada dormitorio. Se o corredor ten máis de 10 m serán necesarios dous detectores. Precísase un detector por planta

Precisan mantemento?

  • O detector ten un botón de comprobación de funcionamento. Cando se pulsa soa a alarma (unha vez ao mes). Unha vez ao ano hai que aspiralo. Non se debe pintar na súa superficie

Cando se cambia a batería?

  • Recoméndase cambiala unha vez ao ano; se emite un pequeno "bip" indica que ten pouca batería

Precaucións

  • Non os coloque preto de zonas con moito vapor ou fume (baños, cociñas, garaxes sen ventilar, canalizacións, condutos de ventilación)

Onde mercalos e que esixir?

  • En centros comerciais, tendas de bricolaxe, de material eléctrico e ferraxerías. Para asegurar o bo funcionamento esixirase que dispoñan da marca CE

Que facer se soa a alarma do detector?

  • Comprobe que se trata dun lume real e non dunha falsa alarma

Que facer se hai un lume?

  • Se o lume é menor e non hai risco, pódese intentar apagar cun extintor

Que facer se non se pode apagar? Chame ao 112

  • Avise a todas as persoas que estean na vivenda para que a abandonen
  • Peche todas as portas onde estea o lume
  • Saia da vivenda sen recoller nada, peche as portas ao saír e non volva entrar
  • Chame o corpo de bombeiros desde fóra da casa e agarde a que cheguen coas chaves da vivenda

Descargas