Igualdade

Protocolo para a prevención do acoso laboral, sexual e por razón de sexo

Este protocolo dá cumprimento aos principios inspiradores da normativa europea e nacional, en materia de procedemento de prevención e solución deste tipo de conflitos, e á Lei orgánica para a igualdade efectiva entre homes e mulleres. 
 

A Deputación de Pontevedra traballará na concienciación do persoal ao servizo da administración co fin de formar en aras da detección desta clase de conductas, do aumento da sensibilidade ante esta problemática e da promoción da tolerancia cero contra conductas ofensivas e/ou degradantes dentro da entidade. A institución provincial considera necesario previr conductas de acoso no traballo, imposibilitando a súa aparición e erradicando todo comportamento que poida considerarse constitutivo do mesmo no ámbito laboral.

Así, en base a este protocolo, establece como medidas preventivas a sensibilización do seu persoal, a divulgación dos principios de intolerancia ante estas conductas, a difusión do protocolo e a formación do seu persoal. Da mesma maneira, a institución provincial marca un procedemento de resolución no caso de ter que actuar ante unha situación de acoso. Ademais, o protocolo é innovador. A través dunha primeira investigación interna, ante a recepción dunha denuncia por acoso, darase inicio a un procedemento de investigación que será tramitado por unha Comisión de Investigación de Acoso, formada por tres persoas elixidas unanimemente pola Comisión de Igualdade, na que está representada a entidade e a representación sindical. Esta comisión emitirá un informe de análises de indicios, con carácter previo ao inicio do procedemento de instrución, que será tramitado pola Comisión Instrutora de Acoso, formada por tres persoas elixidas pola entidade.

Última modificación: luns, 11 febreiro 2019