Proxecto Libera

LIBERA, unidas e unidos contra a basuraleza

O proxecto LIBERA nace como unha iniciativa de SEO/BirdLife, a organización ambiental decana en España, en alianza con Ecoembes, organización ambiental sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe de envases no noso país. Estas únense para loitar contra a basuraleza a través do coñecemento, a prevención e a participación. Desde a súa posta en marcha hai tres anos LIBERA mobilizou máis de 60.000 persoas e colaborou con máis de 860 organizacións e colectivos, e converteuse nun proxecto pioneiro que busca sensibilizar todos os públicos. Como buque insignia creou "1 m2 pola natureza", para mobilizar todas as heroínas e heroes de LIBERA.

"1 m2 pola natureza" é a gran limpeza colaborativa anual a nivel nacional de LIBERA. Serve de eixe vertebrador de todas as asociacións, heroínas, heroes, entidades, empresas e, en definitiva, de todas as persoas concienciadas que queren unirse e tecer unha gran rede de colaboración para loitar unidas e unidos contra a basuraleza durante un día en centos de espazos naturais de toda España.

O obxectivo é liberar basuraleza destes espazos, pero tamén caracterizala mediante a aplicación dunha metodoloxía estandarizada e coa axuda de ferramentas de ciencia cidadá (aplicacións). A través delas pódese recompilar o maior número de datos posibles, rexistrados no "barómetro da basuraleza". Esta información incorpórase ás bases de datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, para coñecer a cantidade, o volume e o tipo de lixo recollido nestas zonas.

Actividades

A actividade consiste na recollida de basuraleza nunhas zonas determinadas. A duración é aproximadamente de 2 horas. Os grupos estarán formados só por 6 persoas, debido ás restricións actuais por mor da COVID-19

  • 12 de decembro na serra da Groba no concello de Baiona
  • 19 de decembro na serra do Candán- Lalín (apertura de prazo o 14 de decembro ata completar as prazas)
  • Formulario de inscrición

Desde o proxecto LIBERA ás persoas participantes na actividade facilitaráselles material coma luvas, bolsas de distintas cores para separar os residuos (azuis, amarelas, verdes e negras), ademais, farase cargo do seguro. Ao finalizar, os datos recollidos sobre os residuos, remitiránselle ás organizacións responsables do proxecto a través dunha aplicación, para o seu tratamento.

LIBERA e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)

A través de todas as súas accións o proxecto LIBERA traballa para axudar a conseguir cinco dos 17 obxectivos de desenvolvemento sostible establecidos polas Nacións Unidas:

LIBERA contribúe a acadar este obxectivo a través de diferentes accións educativas. Algúns exemplos son as aulas LIBERA, nas que participaron máis de 20.000 alumnas e alumnos de colexios, ou as iniciativas orientadas ao estudantado universitario, coma o curso Basuraleza: Solucións #ante a Catástrofe Ambiental, os relatorios contra a basuraleza ou a Expo LIBERA. En 2019 púxose en marcha LIBERA Makers, un programa que involucra o alumnado de formación profesional para acabar cos residuos na natureza.

A campaña de 2019 de "1 m2 pola natureza" contou con 13.000 voluntarias e voluntarios que limparon máis de 450 espazos de todo o país. Grazas ao seu labor, recolléronse 83 toneladas de residuos de todo tipo. Ademais, LIBERA realiza un estudo sociolóxico anual que permite medir a evolución do nivel de concienciación da sociedade.

Grazas a iniciativas coma "1 m2 polas praias e polos mares" e todas as actividades relacionadas, o proxecto favorece o coidado e a protección da vida nos ecosistemas mariños, ademais de incidir nos problemas ambientais da basuraleza e achegar posibles solucións.

A través de accións coma "1 m2 pola natureza", "1 m2 polo campo, polos bosques e polo monte" e "1 m2 polos ríos, encoros e pantanos", LIBERA contribúe a erradicar a basuraleza do contorno terrestre, ademais de aumentar a sensibilización da sociedade e o coñecemento colectivo grazas á información resultante da caracterización dos residuos recollidos nas batidas.

A colaboración é a orixe do proxecto LIBERA e tamén a panca que o fai realidade, como demostran as 25 alianzas que mantén con diferentes organizacións.

Ademais, LIBERA recibe o apoio de numerosos organismos: a Fundación Reina Sofía, as consellerías de Educación, Medio Ambiente e Fomento, a DXT e diferentes parques naturais, confederacións hidrográficas e colectivos privados coma a Comunidade de Regadores, entre outros moitos.

Descargas

Solicitude inscrición
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
 
Este campo é obrigatorio.

Os campos marcados con * son obrigatorios

  • No momento de realizar a inscrición xérase automaticamente un correo electrónico conforme esta se realizou correctamente. A recepción do mesmo non implica a confirmación da praza. Comunicaráselles que están admitidas mediante outro correo electrónico e/ou chamada telefónica só aquelas persoas que obteñan a praza.
  • Todas as actividades comezarán as 10 h e terán unha duración de 2 h.
  • As persoas participantes deberán desprazarse ata o lugar de encontro de comezo da actividade polos seus propios medios.
  • Infórmate no teléfono 886210725, Servizo de Medio Ambiente, en horario de 8:00 h a 15:00, de luns a venres ou enviando un correo a medioambiente@depo.gal
  • Todas as solicitudes presentadas fora do prazo de inscrición de cada actividade non serán tidas en conta.

Vídeo