Proxecto "Millennials" 2019
Plan de emprego para a mocidade
Millennials enmárcase dentro do convenio de colaboración entre a da Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial, dentro do marco do Programa Operativo de Garantía Xuvenil.
Integra accións formativas deseñadas e adaptadas ás necesidades da mocidade e das necesidades do tecido empresarial da provincia, no marco do Plan nacional de garantía xuvenil.
Esta formación permitiralles ás mozas e aos mozos mellorar a súa empregabilidade para acceder ao mercado laboral e recibir formación e asesoramento gratuíto.
Participantes no proxecto "Millennials"
As e os participantes nos programas deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Ter entre 16 e 30 anos (ou a idade límite que no seu momento poida establecer o Sistema Nacional de Garantía Xuvenil), estar en situación de desemprego e inscritas ou inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
- Preferentemente da provincia de Pontevedra (en calquera caso sempre deben ser da Comunidade Autónoma de Galicia)
- Superar o proceso de selección
Ademais, estes programas estarán destinados ás mozas e mozos que, cumprindo os requisitos anteriores, desexen mellorar as súas habilidades e capacidades para incorporarse ao mercado laboral por conta allea.
As accións formativas que se van desenvolver no 2019 son as seguintes:
- En Ponteareas
- En Pontevedra
-
En Vigo:
- Deseño e prototipado rápido mediante impresión 3D e mecanizado
-
Creación de contidos dixitais (videoxogos, imaxe e vídeo)
- Persoas admitidas (pdf)
-
Creación de aplicacións móbiles (aplicacións para Android e iOS)
- Persoas admitidas (pdf)
-
Organización e xestión da produción: Lean Manufacturing 4.0
- Persoas admitidas (pdf)
- Xestión de empresas turísticas. Deseño e desenvolvemento de produtos
- En Vilagarcía de Arousa
Máis información:
- Correo-e: cooperacion@depo.es
- Teléfono: 986 804 100, extensións 40652 e 40267
- Inscricións: https://www.eoi.es/es/formacion-para-el-empleo-joven
Enlaces
Última modificación: martes, 18 febreiro 2020