O Concello de Sanxenxo publica a modificación da Ordenanza reguladora das entradas de vehículos a través das beirarrúas e das reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, e carga e descarga de mercadorías de calquera clase

21/11/2025

O 19 de novembro de 2025 publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a modificación da Ordenanza reguladora das entradas de vehículos a través das beirarrúas e das reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, e carga e descarga de mercadorías de calquera clase, cuxa xestión, liquidación, inspección e recadación en período voluntario e executivo está delegada no ORAL da Deputación de Pontevedra. Esta modificación comezará a aplicarse o 1 de xaneiro de 2026.

Para obter información detallada, pódese consultar o texto completo da modificación na seguinte ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/11/19/2025075386. Tamén se pode atopar información adicional sobre os tributos delegados polo Concello de Sanxenxo no ORAL, tipos impositivos e demais ordenanzas fiscais en https://www.depo.gal/es/web/oral/o-meu-concello.