RE-ACCIÓN… NOS CASTELOS!
3, 2, 1... Re-acción! Tras o confinamento, chega o movemento!
Nuns castelos de película a Deputación de Pontevedra reactiva a programación cultural, achegando manifestacións artísticas que levarán a todos os públicos a sentir estes espazos cheos de maxia e memoria... desde todos os sentidos!
Había unha vez un castelo que sobresaía nas terras de Soutomaior, na provincia de Pontevedra, metade pazo e metade fortaleza, que sobreviviu varios séculos habitado por personaxes que ocuparon e aínda ocupan emocionantes historias nos libros e que nas súas dependencias e xardíns agocha milleiros de pedras e árbores que servirán de escenario para unha tempada de visitas culturais. E empolicado no alto da pena do outeiro de Landín, con vistas sobre o territorio de Vilasobroso e o val do Condado ata a fronteira de Portugal outro castelo medieval asoma entre o verde os seus robustos muros. Bechos e animais que emerxen dos espazos destes castelos, bailarinas que danzan polos xardíns, música que agroma da pedra vivida e intrahistorias poéticas que brotan entre as árbores senlleiras... Un escenario máxico para vivir experiencias artísticas e culturais inesquecibles nun verán e outono históricos!
Este ciclo recolle artes escénicas e música, danza e circo, contacontos, creación contemporánea e música clásica para todos os públicos, centrando parte da programación nas e nos nenos: unha nova forma de vivir estes espazos máxicos este verán, a través da experiencia artística.
A cultura asalta os castelos!
-
Prazas esgotadasNOITE NO CASTELO. LÍMITES, CORPO COLECTIVO TRANSFRONTEIRIZO
Xoves 23, 22.00h - Prazas esgotadasCONCERTO INAUGURAL DO PROGRAMA "MÚSICA NO AR". ORQUESTRA CLÁSICA DE VIGO, SECCIÓN DE CORDA
Martes 28, 19:30 h - Prazas esgotadasMÚSICA CON HISTORIA... INFANTIL. A BANDA DAS APERTAS
Xoves 30, 19.30 h - CREANDO NO XARDÍN. TALLER ABERTO
Venres 31, 17.00-19.00 h
- Prazas esgotadasCONCERTO DO PROGRAMA "MÚSICA NO AR". ORQUESTRA FILHARMÓNICA DE PONTEVEDRA, CUARTETO DE CORDAS E INSTRUMENTOS DE VENTO
Martes 11, 19:00 h - Prazas esgotadas"NIN PRÍNCIPES NIN PRINCESAS". CRISTINA COLLAZO
Mércores 12, 17.30 h - O TEATRO VEN DE VISITA! INVERSA TEATRO
Xoves 13, 19.30 h
- Prazas esgotadasO TEATRO VÉN DE VISITA! OS QUINQUILLÁNS: "A TRAIZÓN DE SOBROSO"
Venres 11, 19.00 h - Prazas esgotadas
MÚSICA CON HISTORIA... VERO RILO & SONSOLES PENADIQUE
(no interior da carpa se chove)
Xoves 17, 19.00 h
- Prazas limitadas: todas as actividades necesitan esixen reserva previa en cultura@depo.es (máximo 5 prazas por persoa). Requírese confirmación.
- O público participante debe asistir con máscara de forma obrigatoria.
- A Deputación de Pontevedra controlará a capacidade e os accesos, así como o cumprimento das medidas de seguridade sanitaria, segundo os protocolos vixentes.
Última modificación: xoves, 30 xullo 2020