Reparación da Memoria Histórica

Reparación da Memoria Histórica

A Deputación de Pontevedra organiza unha semana de actos institucionais de Reparación da Memoria Histórica

Todos os actos terán lugar no Salón de Plenos do Pazo provincial para poñer en valor a condición de símbolos da soberanía do pobo dos dous edificios provinciais e lembrar que, tras o golpe fascista, pasaran a ser usados como cárcere -o Edificio Administrativo- e como lugar onde se celebraban os xuízos e os consellos de guerra -o Salón de Plenos do Pazo.

PROGRAMA

Luns 6

 20:30h. ‘San Simón, Illa da Memoria', coa proxección do documental ‘Aillados' e intervencións a cargo de  Antón Caeiro da Asociación O Faiado da Memoria e Matías Rodríguez da Torre da Iniciativa Galega pola Memoria.

Martes 7

 20:30h. Presentación do libro ‘Memorias de sal e terra. O ensino no concello de Marín (1867-1940)' de Celso Xavier Milleiro Sánchez e Xosé Manuel Moreira Docampo e editado pola Deputación de Pontevedra. Intervencións de Enriqueta Otero da Asociación da Memoria de Marín e do autor Celso Milleiro.

Mércores 8

20:30h. Recital pola Memoria a cargo das poetas Elisabeth Oliveira, Marta Dacosta, Miriam Ferradáns, Lucía Novas, Xosé María Álvarez Cáccamo, e Luis Chapela. Ao remate haberá micro aberto.

Xoves 9

20:30h. Inauguración da exposición ‘Rexas. Mulleres baixo o terror franquista'. Coloquio a cargo da comisaria Montse Fajardo e de familiares de mulleres represaliadas na comarca de Pontevedra

Venres 10

20:30h. Concerto da Orquestra de Cámara Galega.