Campamentos polideportivos

Réxime residencial no Centro Príncipe Felipe

Este servizo de acollemento residencial ten como finalidade atender a aquelas persoas menores procedentes de familias con problemáticas de risco psicosocial que, inicialmente abordadas polos servizos sociais comunitarios dos concellos, exceden as posibilidades de intervención destes e non acadan os requisitos necesarios para que se produza unha asunción de responsabilidade por parte da Xunta de Galicia.

Tendo en conta estas premisas, a Deputación de Pontevedra ofrece para estes casos un programa de atención residencial que ten carácter básico e que, suxeito ás posibilidades dos seus recursos humanos e materiais, fixa como obxectivos principais os seguintes:

  • Favorecer os procesos de integración a nivel individual e grupal
  • Promover un cambio de actitudes e condutas para permitir unha eficaz incorporación social
  • Asesorar e orientar a menores e familias sobre problemas ou necesidades concretas.
  • Proporcionar estratexias e recursos para o afrontamento de situacións problemáticas e/ou de risco social
  • Garantir para as persoas menores a satisfacción das necesidades básicas cunhas axeitadas condicións de saúde, hixiene e nutrición
  • Contribuír a evitar o absentismo escolar
  • Colaborar coas familias na protección e na educación
  • Contribuír á capacitación das persoas menores para a elección libre e progresiva entre diversas opcións que a vida actual ofrece
  • Facilitar a apertura das e dos menores cara aos demais e contribuír a unha relación positiva coa súa contorna
  • Garantir o cumprimento dos obxectivos marcados polos diferentes centros residenciais

Procedemento de admisión en réxime residencial no Centro Príncipe Felipe para o curso 2020-2021

Última modificación: luns, 03 agosto 2020