Roteiros pola tradición musical da provincia de Pontevedra

Roteiros pola tradición musical da provincia de Pontevedra

O Servizo de Cultura e Lingua, en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), organiza seis percorridos pola tradición musical da provincia.

Sendo a provincia de Pontevedra unha zona onde a cultura galega tivo un papel principal, recollendo gran parte da mellor música tradicional con grupos e personaxes senlleiros de referencia imprescindible para toda Galicia, pretendemos, con este programa de roteiros, preservar e poñer en valor o legado deses grupos, formacións e gaiteiros históricos nados na provincia: Os Areeiras, Os Campaneiros de Vilagarcía, Manuel Villanueva, Os Morenos de Lavadores, Os Moxenas, Os Soutelos de Montes, Ricardo Portela, Xoán de Campañó, entre outros moitos, todos, sen dúbida, merecedores de formar parte das páxinas da nosa historia.

Este ciclo de roteiros musicais pon en valor novos espazos de encontro coa memoria da provincia de Pontevedra vencellados á súa historia na música tradicional a través dun percorrido pola vida e obras dalgúns deses persoeiros, agrupacións e formacións e coa compaña especial dunha ou dun guía e o son das súas músicas.

Indícase a continuación a temática e información para a inscrición nos roteiros:

  • 50 prazas por roteiro. Inscrición previa en roteiros.cultura@depo.gal
  • Indicaranse o nome do roteiro, o nome da persoa ou persoas participantes e un número de teléfono de contacto. Reservarase un máximo de catro prazas por persoa.
  • Percorrido: 1 de xuño a pé, o resto en autobús.

RICARDO PORTELA BOUZAS

  • CERDEDO-COTOBADE E PONTEVEDRA
  • Guía: José Luis Calle
  • Música: Álvaro Novegil
  • Data: sábado 4 de maio de 2019
  • Horario: de 10:30 a 13:30 h
  • Punto de encontro: praza da Ferrería, Pontevedra
  • Diptico (pdf)

OS MORENOS DE LAVADORES

  • VIGO
  • Guía: Xerardo Santomé
  • Música: Os Erdeiros dos Morenos de Lavadores
  • Data: sábado 11 de maio de 2019
  • Horario: de 10:30 a 13:30 h
  • Punto de encontro: Asociación Veciñal e Cultural de Lavadores, Vigo

OS GAITEIROS DE PONTEVEDRA: MANUEL VILLANUEVA, PERFECTO FEIJÓO E XAN DE CAMPAÑÓ

  • PONTEVEDRA E POIO
  • Guía: Pablo Carpintero
  • Música: Pablo Carpintero e Rosa Sánchez
  • Data: sábado 25 de maio de 2019
  • Horario: de 10:30 a 14:00 h
  • Punto de encontro: mosteiro de Poio
  • Díptico (pdf)

OS GAITEIROS DE SOUTELO

  • FORCAREI
  • Guía: Xurxo Souto
  • Música: A Ponte do Tren
  • Data: sábado 1 de xuño de 2019
  • Horario: de 10:30 a 13:30 h
  • Punto de encontro: lugar de Vilapouca, a carón da fonte, Forcarei
  • Díptico (pdf)

CASTO SAMPEDRO

  • REDONDELA E PONTEVEDRA
  • Guía: Xavier Groba
  • Música: Aire Xulia
  • Data: domingo 9 de xuño de 2019
  • Horario: de 10:30 a 13:30 h
  • Punto de encontro: casa natal, núm. 7 da rúa Reveriano Soutullo, Redondela
  • Díptico (pdf)

AS TREBOADAS DO BAIXO MIÑO

  • TOMIÑO
  • Guía: Xerardo F. Santomé
  • Música: Airiños Novos de Pinzás
  • Data: sábado 15 de xuño de 2019
  • Horario: de 10:30 a 13:30 h
  • Punto de encontro: praza do Seixo, Tomiño
  • Díptico (pdf)

Última modificación: Thursday, 30 May 2019