Rutas autoguiadas

Rutas autoguiadas da provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra promove, a través do seu novo programa de rutas autoguiadas, unha forma de coñecer a provincia ao teu ritmo.

Propoñémosche unha serie de rutas ideais para coñecer a natureza da provincia de Pontevedra.

Que é unha ruta autoguiada?

As rutas autoguiadas son ideais para todas aquelas persoas ás que lles gusta facer rutas e vivir a montaña ao seu aire, de forma individual ou en grupos. Ofrecémosche un catálogo de rutas revisadas e clasificadas, que poidas seguir facilmente pola túa conta, a través das aplicacións móbiles ou dos GPS. Na web poderás descargar as fichas técnicas de cada unha, con información sobre a distancia, a dificultade, as altitudes e protocolos en caso de accidente, para que en todo momento te sintas segura ou seguro.

Percorridos

 

Compromiso coa Axenda 2030

A Deputación de Pontevedra traballa na provincia que queremos construír no ámbito deportivo, apostando polo deporte na natureza e o ecoturismo, dunha forma sustentable e respectuoso co medio natural onde se desenvolva.

Ante un accidente ou emerxencia

Ante un accidente debemos ter presente e aplicar o protocolo de actuación, coñecido como PAS (protexer, avisar e socorrer)

  • PROTEXER: o obxectivo é facer segura a escena do accidente, tanto para o accidentado como para nós e o resto do grupo.
  • AVISAR: avisar aos servizos de rescate da forma máis rápida, segura e efectiva (recomendase sempre levar telefono móbil), marcando o 112.
  • SOCORRER: atender á  vítima en base aos nosos  coñecementos de  primeiros auxilios, ata que chegue a axuda.