Deportes

Campus de verán Seis do Nadal

Durante a semana do 20 ao 25 de xullo celebrarase nas instalacións do Colexio Seis do Nadal o Campus de Verán 2020 organizado un ano máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 17 anos, e con tódalas medidas de seguridade e hixiene esixidas.

  • Data: do 20 ao 25 de xullo
  • Prazo de inscrición: desde o 07 de xullo ata esgotar as prazas
  • Persoas destinatarias: nenos e nenas de entre 6 e 17 anos
  • Prezo: 80 €; xogadoras/es do club e os seus irmáns: 60 €
    Para reservar a praza é preciso enviar a folla de inscrición e a autorización cubertas ao enderezo areadeportiva@seisdonadalcoia.com

Última modificación: martes, 07 xullo 2020