Nova identidade gráfica do Museo de Pontevedra
O Museo de Pontevedra, referente cultural en Galicia pola súa traxectoria e os fondos históricos e artísticos de incalculable valor que alberga, renova a súa identidade gráfica 75 anos despois da creación da súa imaxe corporativa primixenia.
A Deputación abre un prazo de dez días hábiles para a presentación de porfolios, que deben incluír traballos que poidan ter relación co obxecto da renovación da identidade visual do museo. Tras examinalos o Consello Asesor da institución encargará a catro candidato/as que elaboren as súas propostas de deseño da nova imaxe do museo. Valorarase a orixinalidade, innovación e a transmisión dos valores da institución, e as propostas deben proxectar a diversidade, singularidade, liderado e excelencia do museo. O importe do contrato ascende a 12.000 euros (sen IVE).
- Resolución de inicio do procedemento (19/02/2020)
Última modificación: mércores, 19 febreiro 2020