Semana Mundial de Acción polo Clima. A provincia que queres é sostible

Pontevedra reforza a súa axenda sostible

A Deputación celebra a Semana Mundial de Acción polo Clima con actividades para concienciar contra a situación de emerxencia climática

Atallar a actual situación de emerxencia climática é unha das materias máis urxentes que ten a sociedade actual. O planeta está a sufrir un dano irreparable e as consecuencias poden ser letais tanto para a subsistencia de determinadas especies animais como para a poboación de zonas costeiras ante a imparable subida do nivel do mar.

A Deputación de Pontevedra situou a axenda ambiental como prioridade da acción de Goberno para o próximos catro anos. A transición ecolóxica é un obxectivo transversal que estará presente a partir de agora en todos os proxectos emprendidos desde o Pazo provincial e o obxectivo agora é sumar os 61 concellos a este gran reto global baseado na sustentabilidade e a eficiencia enerxética.

A campaña "Experiencias SOStibles" deste verán foi só un primeiro paso nun amplo paquete de medidas no que se enmarca tamén a cooperación con 43 concellos a través de fondos europeos para reemprazar 7.519 puntos de luz por luminarias LED. A esta mesma filosofía obedece o proxecto con "Red.es" para configurar Pontevedra como un destino turístico intelixente, valéndose da tecnoloxía para gañar eficiencia e competitividade pero tamén para favorecer un desenvolvemento sostible do territorio respectando a calidade de vida das persoas residentes.

A Deputación de Pontevedra impúxose unha axenda sostible que afecta irremediablemente o modelo de mobilidade, poñendo á e ao peón como protagonista do espazo urbano e construíndo cidades amables e accesibles á vez que se conciencia ás novas xeracións contra as emisións.

Coidar o planeta é tarefa de todas e todos. Co obxectivo de implicar toda a cidadanía a Deputación de Pontevedra súmase á Semana Mundial de Acción polo Clima cunha intensa axenda de actividades sobre limpeza do contorno natural, consumo responsable e mobilidade sostible. Neste reto todas e todos somos necesarios.

ACCIÓNS. Do 21 ao 27 de setembro de 2019

  • Día Mundial de la Limpieza

    Sábado 21

    Celebramos o Día Mundial da Limpeza.
    Campaña específica en RRSS co lema "Coidemos o noso".
    Obxectivo: concienciarnos de que debemos comprometernos, destinar recursos e informar a poboación para deter a perda da biodiversidade e restaurar os ecosistemas.

  • Día Mundial de la Limpieza

    Domingo 22

    Celebramos o Día Mundial sen Coche.
    Campaña de concienciación co lema "As persoas, protagonistas".

  • Día Mundial de la Limpieza

    Luns 23

    Cumio sobre a Acción Climática na ONU.
    Propostas aliñadas coas recomendacións científicas e o Acordo de París baixo o lema "Economía baixa en carbono e aforro enerxético".

  • Día Mundial de la Limpieza

    Martes 24

    Instalaremos na Deputación un posto con produtos de comercio xusto.

    O lema do día será "Consumo sustentable".

    Novo convenio para a adquisición de novos colectores de residuos RR. SS. que imos instalar en Príncipe Felipe.

  • Día Mundial de la Limpieza

    Mércores 25

    Promoción de produtos de quilómetro cero, cultivados no territorio, produtos de temporada e de calidade que fomentan a economía local.

    Instalaremos na Avenida de Montero Ríos os postos da campaña "Experiencias SOStibles" contra os plásticos.

    Haberá un reparto masivo de mazás na explanada de Montero Ríos.

  • Día Mundial de la Limpieza

    Xoves 26

    Dedicamos o día ao turismo sostible.

    Visitaremos os produtores de mazá para sidra ecolóxica da Estrada.

    Estaremos na sidrería Camino explicando os conceptos de turismo rural, sustentabilidade, dixitalización e emprendemento.

    Promoción da Ruta das Maceiras.

  • Día Mundial de la Limpieza

    Venres 27

    Ese día imos desenvolver unha triple acción baixo o lema "Emerxencia climática":

    HAI PLENO e imos presentar unha moción sobre emerxencia climática.
    Tamén imos impulsar o parón de 4 minutos 15 segundos que se vai facer a nivel mundial entre as 11 e as 12.
    Conferencia en Vigo titulada "O espazo natural como ámbito de vida".

Descargas

Última modificación: xoves, 05 decembro 2019