Semana Santa nas Rías Baixas

Espazos relixiosos das Rías Baixas

  • Catedral de Tui

    Catedral de Tui: a catedral das Rías Baixas

    Á beira do río Miño e moi preto de Portugal atópase a única catedral das Rías Baixas. Aglutina diferentes estilos artísticos, desde o románico das naves ata o gótico das bóvedas de cruzaría e os arcos oxivais. O exterior da catedral presenta un aspecto fortificado que vén dado polas ameas e portadas; no interior destacan a capela do Sacramento, a capela Maior e a capela de San Telmo.

  • San Benitiño de Lérez

    Mosteiro beneditino de San Benitiño de Lérez

    O mosteiro beneditino de Lérez, na ribeira do río que conforma a ría de Pontevedra, está dedicado a un dos santos máis venerados de Galicia, San Bieito, o "santo milagreiro" ao que se encomendan os fieis para curar os seus males, especialmente os relacionados coa pel. O templo data do século X.

  • Monasterio de San Xoán de Poio

    Mosteiro de San Xoán de Poio

    Aproximadamente a cinco quilómetros da cidade de Pontevedra atópase o mosteiro de Poio, exemplo da arquitectura monacal de Galicia. A súa beleza e grandiosidade fano visible desde diversos tramos da estrada C-550, que une Pontevedra e Sanxenxo, e animan a desviarse da comarcal para coñecer o seu magnífico claustro.

  • Monasterio de San Lourenzo de Carboeiro

    Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro

    Álzase ao abrigo de Coto Costoia e á beira do río Deza, no concello de Silleda . É un dos monumentos arquitectónicos máis importantes da provincia, de estilo románico de transición ao gótico. A súa fundación data do século X, aínda que o esplendor da abadía beneditina foi nos séculos XII e XIII. O seu nome, Carboeiro, provén do termo "carbón", xa que os monxes do mosteiro se encargaban de converter a densa vexetación da zona en carbón vexetal.

  • Monasterio de Santa María de Aciveiro

    Mosteiro de Santa María de Aciveiro

    Atópase en Forcarei e foi construído no ano 1135, con motivo da proclamación do rei galego Alfonso VII como emperador. A estrutura de Santa María de Aciveiro segue as pautas cistercienses, con distintas dependencias (cociña, refectorio, scriptorium, sala capitular, celas dos monxes ou cortes das bestas) que desembocan nun gran claustro.

  • Monasterio de Santa María da Armenteira

    Mosteiro de Santa María da Armenteira

    Situado no concello pontevedrés de Meis, é unha das abadías máis importantes de Galicia e foco de numerosas lendas. O visitante non debe perder a oportunidade de coñecer o templo, do que destacan o rosetón da fachada e o claustro, así como o seu fermoso contorno natural.

  • Monasterio de Santa María de Oia

    Mosteiro de Santa María de Oia

    Comezou a construírse na época do rei Alfonso VII (1132) sobre unha elevación á beira do mar. Situado no concello de Oia, trátase dun fermoso conxunto de liñas sinxelas e austeras que segue as pautas do ideal cisterciense. A súa aparencia é a dunha fortaleza fronte á costa.

Última modificación: luns, 21 marzo 2016