Imagen representativa del tema Deportes

Subvencións a deportistas de elite e promesas

Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases polas que se regula a cualificación das e dos deportistas que compiten de maneira individual ou por parellas para o seu recoñecemento como deportistas de alto nivel (DEPO-DAN) ou deportista promesa (DEPO-PROMESA) da provincia de Pontevedra, así como a regulamentación das axudas e beneficios establecidos pola Deputación para estas persoas.

O prazo de presentación das solicitudes será de vinte (20) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte

As solicitudes deberán realizarse a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal

Última modificación: martes, 09 abril 2019