Subvencións para actuacións e actividades de carácter turístico
A Deputación de Pontevedra ten entre as súas competencias o fomento do desenvolvemento económico e social da provincia, polo que a prestación de servizos de asistencia, fomento e promoción do turismo é unha cuestión prioritaria.
O turismo é unha das actividades con maior potencial de creación de emprego e de crecemento económico da Unión Europea, ata o punto de que o Tratado de Lisboa contempla expresamente a importancia do sector turístico e contén disposicións específicas co obxectivo de promover a competitividade entre as empresas do sector para converter a UE no primeiro destino turístico mundial.
A Deputación de Pontevedra concederá subvencións para a realización de actividades do fomento do turismo con repercusión turística provincial
Poderán ser obxecto de subvención as actividades de fomento do turismo que teñan como fins, entre outros, os seguintes:
- Promoción e estímulo dun sector turístico competitivo, de calidade, accesible e sustentable
- Promoción dos seguintes recursos turísticos da provincia: a natureza, o medio ambiente e a paisaxe; as festas e tradicións populares; o patrimonio cultural e lingüístico; a gastronomía e a enogastronomía; a saúde, o benestar e o termalismo.
- Bases (BOPPO 22/03/2021)
- Extracto da convocatoria (BOPPO 22/03/2021)
- Tramitación en sede.depo.gal
Subvencións concedidas
Última modificación: luns, 22 marzo 2021