Subvencións a clubs deportivos que participen en competicións federadas de ámbito inferior a nacional para o ano 2019
Convocatoria de subvencións para clubs deportivos sen ánimo de lucro que participen en competicións federadas de ámbito inferior a nacional para o ano 2019
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP)
- Bases (BOPPO 24/01/2019)
- Extracto da convocatoria(BOPPO 24/01/2019)
- Anexos
Subvencións concedidas
- Subvencións concedidas polo Servizo de Deportes (BOPPO 11/06/2019)
GUÍA DE TRAMITACIÓN PARA XUSTIFICACIÓN
Para proceder ao cobro da subvención os clubs deberán presentar a seguinte documentación obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo "instancia xenérica" dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), anexando a seguinte documentación:
- Conta xustificativa na que se relacionarán os conceptos dos gastos por importe igual ou superior á subvención concedida pola Deputación, mais as axudas solicitadas e recibidas doutras administracións públicas (Anexo IV)
- Toma de razón na contabilidade do club (Anexo III)
- Memoria deportiva na que se indiquen as actividades realizadas e os resultados obtidos na temporada
- Os clubs que reciban subvencións por importe superior a 1.500,00 € deberán acreditar a difusión do financiamento a través de calquera medio probatorio (prensa, valos, pancartas, vestimenta deportiva, páxina web...)
- Facturas orixinais ou copias cotexadas polo importe da subvención concedida, indicando en cada factura o número de unidades, os prezos unitarios e o prezo total
- Os clubs que presentaron unha declaración xurada do 2019 cos datos deportivos do club (nivel de competición, licencias, categorías…) deberán enviar o certificado da Federación correspondente segundo a súa modalidade deportiva (Anexo II)
Anexos subvención para clubs deportivos sen ánimo de lucro para fase xustificativa
Última modificación: xoves, 13 xuño 2019