Imagen representativa del tema Deportes

Subvencións para a organización de campionatos, eventos e actividades deportivas da provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra ten atribuídas pola Lei do deporte de Galicia as competencias de fomentar, promover e difundir o deporte na provincia; por iso, desde esta Administración débese facilitar a práctica da actividade física e deportiva, co principal obxectivo de mellorar a condición física e a ocupación activa do tempo libre.

O seu obxectivo principal é lograr unha programación deportiva que poña de relevancia o papel do deporte como impulsor do desenvolvemento social, indicador da calidade de vida, e como dinamizador do emprego e do crecemento sostible do territorio e da súa sociedade.

Así mesmo, buscan a implicación de todos os axentes sociais, económicos e institucionais da provincia de Pontevedra a través da posta en marcha de axudas que permitan definir o contido deportivo da provincia, desde unha perspectiva ampla, multidisciplinar, plural e diversa e, ao mesmo tempo, impulsar o desenvolvemento sostible do territorio.

Subvencións concedidas e non concedidas 2020

GUÍA DE TRAMITACIÓN PARA A XUSTIFICACIÓN

Para proceder ao cobramento da subvención os clubs deberán presentar, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo de "Instancia xenérica" dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), a seguinte documentación:

  • Conta xustificativa dos gastos ,na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, e na que se poña de relevo que os gastos que figuran nesta conta se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda. Indicarase que o resto dos xustificantes desa conta están á disposición da Deputación para o seu exame, tal como se establece no artigo 24.1.B.f. da Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra. Os gastos xustificados deberán axustarse aos conceptos incluídos no orzamento inicial, cunha porcentaxe de desviación máxima, entre os distintos conceptos, do 20 %.
  • Orixinais ou copias cotexadas de facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando en cada factura o número de unidades, os prezos unitarios destas e o custo total de cada unidade. Non se admitirán como xustificación as nóminas de persoal propio da entidade. Só se aceptarán as nóminas do persoal contratado especificamente para desenvolver a actividade subvencionada.
  • Memoria xustificativa do cumprimento das condicións establecidas na solicitude de subvención, debidamente asinada, na que se indique a actividade realizada e os resultados obtidos.
  • Acreditación da debida difusión mediante soportes publicitarios, físicos ou telemáticos do financiamento por parte da Deputación para esta actividade. Así mesmo, deberá especificar nun documento o motivo polo que fan publicidade doutras entidades públicas ou privadas.

Última modificación: martes, 15 xuño 2021