Imagen representativa del tema Deportes

Subvencións a clubs deportivos de ámbito nacional

Convocatoria de subvencións para clubs deportivos da provincia de Pontevedra sen ánimo de lucro, que participen en competicións de ámbito nacional para o ano 2019.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal)

GUÍA DE TRAMITACIÓN PARA A XUSTIFICACIÓN

Para cobrar a subvención os clubs deberán presentar obrigatoriamente unha solicitude por medios electrónicos a través do modelo "instancia xenérica", dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), e achegarán a seguinte documentación:

  • Conta xustificativa, na que se relacionarán os conceptos dos gastos por importe igual ou superior á subvención concedida pola Deputación mais as axudas solicitadas e recibidas doutras administracións públicas (anexo IV)
  • Facturas orixinais ou copias compulsadas polo importe da subvención concedida, indicando en cada factura o número de unidades, os prezos unitarios e o prezo total
  • Toma de razón na contabilidade do club (anexo III)
  • Memoria deportiva, na que se indicarán as actividades realizadas e os resultados obtidos na temporada
  • Os clubs que reciban subvencións deberán acreditar a difusión do financiamento a través de calquera medio probatorio (prensa, valos, pancartas, vestimenta deportiva, páxina web...) e no caso de subvencións de máis de seis mil (6.000,00) euros deberán acreditar, ademais, a divulgación do financiamento a través de fotografías das instalacións e na súa vestimenta
  • Os clubs que presentaron unha declaración xurada do 2019 cos datos deportivos do club (nivel de competición, licenzas, categorías...) deberán enviar o certificado da federación que corresponda á súa modalidade deportiva (anexo II)
  • Ademais, na modalidade de ciclismo os clubs presentarán un certificado da federación que xustifique a declaración de participación entregada coa solicitude
  • No caso de "outras modalidades" as entidades solicitantes achegarán un certificado expedido pola federación correspondente no que se xustifiquen os desprazamentos presentados coa solicitude mediante o anexo I

Anexos da subvención para clubs deportivos de ámbito nacional en fase xustificativa

Última modificación: venres, 16 agosto 2019