Subvencións dirixidas aos concellos para as actividades de dinamización da lingua galega
A Deputación concederá subvencións para as actividades encamiñadas á dinamización da lingua galega co fin de potenciar o uso do noso idioma no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia que teñan repercusión social, e para as actividades que organicen os concellos no seu termo municipal dirixidas a promover, fomentar e difundir o emprego da lingua galega.
A Deputación de Pontevedra concederá, en réxime de concorrencia competitiva, axudas económicas dirixidas aos concellos da nosa provincia de menos de 50.000 habitantes para as actividades que fomenten o uso e o prestixio do galego no conxunto da sociedade e que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021 a través das seguintes accións:
- Fomento da creación e difusión cultural en lingua galega
- Certames literarios e xornalísticos
- Creación audiovisual e literaria
- Feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega
- Sociolingüística e toponimia
- Estudos e publicacións sobre sociolingüística
- Xornadas e publicacións de recuperación da toponimia
- Fomento do emprego do galego no comercio e na industria
- Xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega
- Recoñecementos e distincións
- Actividades, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego
- Bases (BOPPO 08/03/2021)
- Extracto da convocatoria (BOPPO 05/03/2021)
- Tramitación en www.sede.depo.gal
Subvencións concedidas
Última modificación: luns, 08 marzo 2021