Cultura

Subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para as actividades de dinamización da lingua galega do ano 2019

Convocatoria de subvencións públicas destinadas a promover e fomentar o emprego da lingua galega na sociedade, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra https://sede.depo.gal.

O prazo de presentación empezará a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) e terminará o 15 de abril de 2019

Última modificación: xoves, 10 outubro 2019