Imaxe representativa do tema Turismo, comercio e consumo

Subvencións para a dotación de persoal á rede de oficinas de Turismo Rías Baixas

Consulta as bases para a concesión de subvencións públicas destinadas a financiar os custos de persoal das oficinas de información de Turismo Rías Baixas durante o ano 2020.

Poderán solicitar estas subvencións as entidades locais que integran a Administración Local da provincia de Pontevedra e os organismos públicos e entidades de dereito público vinculados ou dependentes delas que cumpran unha serie de requisitos.

As subvencións outorgaranse segundo os principios de concorrencia competitiva, obxectividade e publicidade. Soamente se concederá unha axuda para a contratación dunha persoa informadora para cada entidade solicitante, agás as entidades declaradas como "municipio turístico".

O obxetivo da convocatoria é colaborar no fomento do turismo e na profesionalización do sector na provincia de Pontevedra.

Bases (BOPPO 12/02/2020)

Extracto da convocatoria (BOPPO 12/02/2020)

Tramitación en sede.depo.gal

Subvencións concedidas 2019

Última modificación: luns, 17 febreiro 2020