Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para apoiar o desenvolvemento de festivais musicais e de artes escénicas na provincia de Pontevedra
Estas teñen por obxecto regular as axudas para a organización de festivais ou certames musicais e teatrais de prestixio desenvolvidos na provincia de Pontevedra que dediquen unha especial atención á programación e á difusión da música e do teatro galegos, ademais doutras variantes artísticas, e que se levasen a cabo como mínimo en dúas edicións consecutivas nos tres últimos anos.
Establécense dúas modalidades de actuación
- Modalidade de festivais de música
- Modalidade de festivais de artes escénicas
- Bases (BOPPO 23/02/2021)
- Extracto da convocatoria (BOPPO 23/02/2021)
- Tramitación en sede.depo.gal
Subvencións concedidas
Última modificación: mércores, 24 febreiro 2021