Cultura

Subvencións para a recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo fluvial

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, consciente da riqueza e singularidade do patrimonio marítimo fluvial galego e da necesidade de preservalo e difundilo, aproba as bases reguladoras de concesión de subvencións públicas dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para a recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo fluvial na provincia de Pontevedra.

Última modificación: mércores, 28 outubro 2020