Tecendo lazos
Aviso: suspensión temporal de programas provocado pola COVID-19
O programa "Tecendo lazos" 2019 ten por finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre, a través dos cales se pretende poñer en marcha estratexias, oportunidades e formas de creación de espazos para o encontro, a sensibilización, a promoción do apoio social e o intercambio recíproco, intencionado, comprometido e voluntario de recursos, aprendizaxes, ideas e valores encamiñados a producir entre as distintas xeracións lazos afectivos, cambios e beneficios individuais, familiares e comunitarios, entre outros, que permitan a construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias.
Nas persoas maiores fomentarase o envellecemento activo, que mellore a súa actividade física, cognitiva e social, e nas persoas máis novas impulsaranse as habilidades sociais e a empatía cara ao resto das xeracións.
Os formularios de inscrición nos distintos obradoiros están dispoñibles na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal)
- Bases(BOPPO 17/06/2019)
- Extracto da convocatoria (BOPPO 17/06/2019)
- Anuncio relativo á publicación da lista de concellos adheridos (BOPPO 21/08/2019)
- Extracto da Xunta de Goberno do 29/10/2019 (BOPPO 04/11/2019)
- Subvenciones concedidas (decembro) (BOPPO 31/01/2020)
- Subvenciones concedidas (decembro) (BOPPO 04/02/2020)
Concellos adheridos e temática
CONCELLO | CIF | TEMÁTICA PROPOSTA |
---|---|---|
A CAÑIZA | P3600900I | RISOS EN FAMILIA |
A GUARDA | P3602300J | XOGOS E XOGUETES TRADICIONAIS: XOGANDO EN FAMILIA |
A LAMA | P3602500E | RISOS EN FAMILIA |
BAIONA | P3600300B | RISOS EN FAMILIA |
BARRO | P3600200D | FAINO TI |
BUEU | P3600400J | RISOS EN FAMILIA |
CALDAS DE REIS | P3600500G | XOGOS E XOGUETES TRADICIONAIS: XOGANDO EN FAMILIA |
CAMPO LAMEIRO | P3600700C | O NOSO SON: BAILES E CANCIÓNS DE AGORA E DE SEMPRE |
COVELO | P3601300A | RISOS EN FAMILIA |
CUNTIS | P3601500F | FAINO TI |
FORCAREI | P3601800J | O NOSO SON: BAILES E CANCIÓNS DE AGORA E DE SEMPRE |
FORNELOS DE MONTES | P3601900H | RISOS EN FAMILIA |
GONDOMAR | P3602100D | FAINO TI |
A ILLA DE AROUSA | P8600004I | FAINO TI |
MEIS | P3602800I | RISOS EN FAMILIA |
MOAÑA | P3602900G | XOGOS E XOGUETES TRADICIONAIS: XOGANDO EN FAMILIA |
MONDARIZ | P3603000E | FAINO TI |
MORAÑA | P3603200A | XOGOS E XOGUETES TRADICIONAIS: XOGANDO EN FAMILIA |
NIGRÁN | P3603500D | FAINO TI |
NIGRÁN | P3603500D | RISOS EN FAMILIA |
O PORRIÑO | P3603900F | FAINO TI |
O ROSAL | P3604800G | XOGOS E XOGUETES TRADICIONAIS: XOGANDO EN FAMILIA |
OIA | P3603600B | O NOSO SON: BAILES E CANCIÓNS DE AGORA E DE SEMPRE |
PAZOS DE BORBÉN | P3603700J | XOGOS E XOGUETES TRADICIONAIS: XOGANDO EN FAMILIA |
POIO | P3604100B | O NOSO SON: BAILES E CANCIÓNS DE AGORA E DE SEMPRE |
PONTE CALDELAS | P3604300H | RISOS EN FAMILIA |
PONTECESURES | P3604400F | O NOSO SON: BAILES E CANCIÓNS DE AGORA E DE SEMPRE |
PORTAS | P3604000D | FAINO TI |
RIBADUMIA | P3604600A | FAINO TI |
RODEIRO | P3604700I | O NOSO SON: BAILES E CANCIÓNS DE AGORA E DE SEMPRE |
SALCEDA DE CASELAS | P3604900E | FAINO TI |
SILLEDA | P3605200I | XOGOS E XOGUETES TRADICIONAIS: XOGANDO EN FAMILIA |
SOUTOMAIOR | P3605300G | RISOS EN FAMILIA |
VALGA | P3605600J | FAINO TI |
VILA DE CRUCES | P3605900D | XOGOS E XOGUETES TRADICIONAIS: XOGANDO EN FAMILIA |
VILABOA | P3605800F | RISOS EN FAMILIA |
Prazos
- Adhesión de concellos: : 15 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio e do extracto das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO)
- Persoas participantes: os formularios de solicitude deberán presentarse nos prazos de inscrición establecidos no rexistro do concello no que se oferte o obradoiro escollido
Cada concello establecerá os seus propios prazos de inscrición, que serán dun mínimo de 15 días hábiles.
Datos de interese
- O programa desenvolverase de setembro a decembro e os obradoiros ofertaranse a través dunha empresa especializada na materia, que será responsable da súa execución, coordinación e avaliación.
- Os obradoiros terán unha duración de 16 horas lectivas, nas que se incluirá o módulo denominado "A historia do meu concello", que recollerá actividades enfocadas á recompilación de fotografías, historias, lendas, contos etc., en formato papel ou audiovisual, de cada un dos concellos que se adhiran ao programa, co fin de reunir os datos máis significativos de cada un.
- Premiarase o mellor traballo dos presentados polos diferentes concellos, e o alumnado que o elabore será galardoado pola Deputación cun premio consistente nun lote de produtos e 50 copias do traballo gañador.
- Os obradoiros deberán contar cun mínimo de 10 persoas participantes e cun máximo de 30, das cales un 40 % serán menores.
Última modificación: mércores, 27 maio 2020