Escola de Igualdade María Vinyals

Webinar Teletraballo - Novas tecnoloxías con perspectiva de xénero

09 de xullo de 2020

Debido á situación  PostCovid este ano tivemos que adaptar ás medidas recomendadas polas autoridades sanitarias as accións da Escola Maria  Vinyals e realizalas en formato  online, continuando así coa actividade formativa con perspectiva de xénero, tan necesaria para afrontar os retos que nos expón a situación actual.

Obxectivo: analizar a incidencia do teletraballo desde a perspectiva de xénero, así como reflexionar sobre o "novo" marco de actuación e o estado actual ao que nos enfrontamos desde unha perspectiva feminista.

Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra

T. Empar Aguado Bloise, profesora do Departamento de Socioloxía e Antropoloxía Social da Universidade de Valencia

Maite Egoscozabal, responsable de investigación social no Club de Malasmadres

Ana Belén Valiño Alonso, secretaria xeral de UGT-FICA

Modera: Ana Fuentes Crego, xornalista e unha das fundadoras do grupo Sumamos Red de Mujeres Profesionales

Relatoras