Ano Castelao

Actividades concellos

Programación mensual



Exposicións

  • "Escenarios da Prehistoria para visitar". Na década de 1920 Castelao formou parte da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, que nacera o século anterior co obxectivo de estudar e conservar elementos do noso patrimonio, así como a música e a poesía popular. Ao redor desta idea concíbese esta exposición para percorrer as mámoas, castros e petróglifos máis senlleiros da provincia a través de fotografías de Federico de la Peña.
  • "Luis Davila. A retranca dun país". Nos anos 20 e 30 do século XX Castelao colaborou nos diarios vigueses Galicia e Faro de Vigo coa publicación dunha serie de viñetas tituladas de maneira xenérica "Cousas da vida". Hoxe en día, un debuxante ocupa cos seus personaxes ese lugar, Luis Davila, que desde Faro de Vigo diariamente nos fai sorrir tratando as realidades galegas do día a día.
  • "De Castelao ao mañá: unha ollada ao cómic galego" conecta cunha das facetas máis descoñecidas do autor, quen, nos primeiros anos da súa produción, fixo a súa achega a este campo. A exposición fai un percorrido polo mundo do cómic galego desde a obra e a época do autor ata os autores máis actuais.
  • "Bandas de Pontevedra. Homenaxe ás bandas da provincia". Exposición que xa percorreu algúns concellos da provincia o pasado 2015 pero que, pola súa demanda, continuará este ano, tendo en conta, ademais, que o mundo da música e dos músicos foi tema de interese de Castelao ao longo da súa traxectoria.

Contacontos

Co ciclo "Contando cousas e cousiñas" contaremos historias, algunhas escritas por Castelao, outras tradicionais e outras da colleita propia dos diferentes contadores galegos que participarán achegando o seu saber aos distintos concellos. Neste ciclo participan:

  • Bea Campos
  • Cándido Pazó
  • Celso Fernández Sanmartín
  • Raquel Queizás

Música

  • "Cantos de preto e lonxe". Ciclo de música que permitirá que distintos cantautores galegos percorran a provincia: Alba María, Emilio Rúa, Tino Baz e Manoele de Felisa.
  • A Banda Migallas canta a prol da lingua galega e presenta unha visión crítica das políticas culturais levadas a termo no noso país.
  • "Cantares de Cegos". As persoas cegas son protagonistas recorrentes na obra de Castelao: homes e mulleres que percorrían feiras e mercados tocando, cantando e contando historias acontecidas ao longo e ancho da nosa terra. Participan Luis 'O Caruncho' e Luis do Viso.

Obradoiros infantís

  • Viravolta Títeres. Ofrécelles aos rapaces e rapazas a posibilidade de realizar luvas e máscaras cos que crear o seu propio imaxinario teatral, conectando a actividade co mundo do teatro que abordou Castelao coa súa obra Os vellos non deben de namorarse.
  • ReiZentolo. Partindo de orixinais de Castelao, os rapaces e rapazas crean os seus propios debuxos nun obradoiro creativo de pintado de camisetas.