Os vellos non deben namorarse

Os vellos non deben de namorarse

Con motivo do 75 aniversario da súa estrea, e no marco da programación do Ano Castelao, 'Os vellos non deben de namorarse' volverá representarse en 10 concellos da provincia. Nesta listaxe podes consultar os lugares e datas das funcións. 

Sinopse

Esta é unha farsa que trata dos amores de tres vellos imprudentes, don Saturio, don Ramón e o señor Fuco, que teñen a desgraza de lle botar o ollo á mocidade garrida de tres rapazas novas: Lela, Micaela e Pimpinela. Como consecuencia desa imprudencia os tres rematan morrendo. Don Saturio, envelenado con solimán da súa propia botica; don Ramón, que por un bico entrega a alma, deitado no esterco; e o vinculeiro señor Fuco, que acaba por casar coa namorada, de felicidade.

Funcións

  • Venres 30 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal, Pontevedra. Entradas: 5 €
  • Domingo 2 de outubro, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal da Xuventude, Cambados. Entradas: 3,5 € e 2,5 € a reducida
  • Domingo 9 de outubro, ás 19:00 horas, no auditorio de Goián, Tomiño  Entradas: 3 €
  • Venres 21 de outubro, ás 21:00 horas, no auditorio municipal, A Illa de Arousa. Entradas: 5 €
  • Sábado 29 de outubro, ás 21:00 horas, no auditorio municipal, Cangas. Entradas: 8 €
  • Sábado 5 de novembro, ás 21:30 horas, no Pazo Emilia Pardo Bazán, Sanxenxo. Entradas: 4 €
  • Venres 11 de novembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal, A Estrada. Entrada de balde coa retirada previa dos convites no departamento de Cultura do Concello
  • Sábado 12 de novembro, ás 21:00 horas, no Auditorio Lois Tobío, Gondomar. Entradas: 3,5 €
  • Venres 2 de decembro, ás 21:00 horas, no auditorio municipal do Concello, Vigo. Entradas: 5 €
  • Sábado 10 de decembro, ás 20:00 horas, no auditorio da Xunqueira, Redondela. Entradas: 5 € e 3 € a reducida