Tornar ás táboas

Tornar ás táboas

Este outono de 2021 queremos que a provincia de Pontevedra soe moito a teatro!

Máis que unha programación cultural "Tornar ás táboas" é unha declaración de vontade e de ánimo para que o teatro retome a súa actividade nos escenarios dos auditorios, teatros e centros culturais da provincia. É unha chamada para volver ao lugar de orixe e de traballo, aos espazos de lecer e de emocións; supón un cambio de dirección e de mentalidade tras esta longa temporada de incerteza, coa finalidade de aviventar a cultura ao longo deste ano.

A través do catálogo de grupos Pontegal, que puxo en marcha a Deputación de Pontevedra e no que están inscritas a inmensa maioría de compañías da provincia, seleccionáronse unha serie de funcións segundo as súas características e necesidades técnicas e a súa adecuación aos espazos cos que contan os concellos de menos de 20.000 habitantes que aceptaron participar neste programa.

35 espectáculos de 35 compañías diferentes da provincia, que terán lugar nos 34 concellos participantes e no Centro Príncipe Felipe. As funcións desenvolveranse entre os meses de setembro e decembro.

Desde a Deputación de Pontevedra tendémoslles un cordón de enerxía aos concellos ao redor do teatro e das artes escénicas. Chegou o momento de virar os ollos cara á cultura, a partir deste outono tornamos ás táboas!

Para información sobre acceso ou asistencia, consultar a cada concello

#TornasÁsTáboas #ADepoCoTeatro #AviventaCultura

Selección de compañías e funcións para os concellos solicitantes

CONCELLO COMPAÑÍA ESPECTÁCULO DATA HORA LUGAR
Arbo Culturactiva Producións Saabor! 04/12/2021 19:00 Auditorio municipal
Baiona A Panadaría Elisa e Marcela 03/10/2021 20:00 Auditorio V Centenario
Barro N+1 Teatro, Circo e Danza Circanelo 10/10/2021 12:00 Pazo da Crega
Bueu Teatro de Ningures O Ogrocho 13/11/2021 21:00 Centro Social do Mar
Caldas de Reis Amorodio Teatro Reino de extinción 31/10/2021 19:00 Auditorio municipal
Cambados Ibuprofeno Teatro O furancho 07/11/2021 19:00 Auditorio da Xuventude
Campo Lameiro Expresión Producións Os limpa limpa 02/10/2021 20:00 Auditorio do Centro Sociocultural Sobrino Buhigas
A Cañiza Teatro Avento Producións Ummm!... Unha comedia musical para chupar os dedos 21/11/2021 17:00 Auditorio da Casa da Cultura
Catoira Bandullo Azul Mestre ma non troppo 13/11/2021 19:00 Auditorio municipal
Cerdedo-Cotobade Que 2 Cachos desqueches 06/11/2021 19:30 Centro Social de Tenorio
Forcarei Xarope Tulú Rilla rilla 26/09/2021 18:00 Auditorio de Soutelo de Montes
Gondomar Barafunda Teatro Bambolina 05/12/2021 19:00 Auditorio Lois Tobío
O Grove Raquel Queizás Cinema e historias da man de Alice Guy 22/10/2021 18:00 Salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
A Guarda ArtesaCía Illas desertas 19/11/2021 21:00 Salón de actos do Centro Cultural
Meaño Migallas Teatro Camiño de historias 10/10/2021 19:00 Centro Social de Dena
Meis O Baúl da Tía Tola Lixo 14/11/2021 19:00 Auditorio municipal
Moaña Pérez y Fernández Os nenos da varíola 31/10/2021 19:30 IES As Barxas
Mondariz Animar-T Teatro Laia, aprendiz de maga 24/10/2021 18:00 Auditorio municipal
Mondariz-Balneario Teatro Kepler Rosalía, unha vida 17/12/2021 20:00 Sala de Cultura do Concello
Moraña Olivas Negras 12 uvas, 2 mulleres e 1 oliva 04/12/2021 20:00 Edificio multiusos
Mos Stephanie_ De Ste Xeito Feminíssimas 24/10/2021 20:30 Centro Recreativo e Cultural de Torroso
As Neves Isabel Risco Bravas 22/11/2021 12:00 Auditorio municipal
Nigrán Fulano, Mengano e Citano Top manta 23/10/2021 20:00 Auditorio municipal
Pazos de Borbén Roto e Descosida Ciencia que alimenta 12/10/2021 18:00 Salón de actos do Concello
Poio ButacaZero Velliñas 15/10/2021 20:30 Auditorio do Centro Cultural Xaime Illa Couto de Raxó
Portas Viravolta Títeres Barriga Verde 29/10/2021 10:00  CPI Domingo Fontán
Rodeiro A Xanela do Maxín A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza 10/12/2021 20:00 Centro cultural municipal
O Rosal Arte Pingüe Teatro Mentiras e verdades 19/12/2021 18:00 Auditorio municipal
Salvaterra de Miño Tanxarina Titiricircus 25/09/2021 18:00 Praza do Concello/Casa da Cultura
Sanxenxo Baobab Teatro Mai Mai 06/11/2021 18:00 Auditorio Emilia Pardo Bazán
Silleda Redrum Teatro #2 Pilgrims 25/11/2021 12:00 Auditorio Semana Verde de Galicia
Soutomaior A Tropa de Trapo Catro monos 17/10/2021 19:00 Centro Multiusos de Arcade
Vila de Cruces A Síndrome A síndrome de Lis 18/12/2021 20:00 Auditorio Xosé Casal
Vilaboa Fantoches Baj Os golfiños e o xigante 17/12/2021 19:00 Casa da Cultura
Centro Príncipe Felipe Malasombra Os fabulosos cleaners 22/09/2021 17:00 Auditorio