Normativa

Trámite de audiencia de disposicións normativas

A Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno favorece a consolidación dunha sociedade participativa e representa unha nova forma de entender as relacións entre a Administración e a cidadanía, proporcionando medios para a rendición de contas, establecendo obrigas de transparencia e articulando o dereito de acceso á información.

Segundo o artigo 9 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e a Ordenanza de transparencia e acceso á información pública da Deputación de Pontevedra, publícanse as disposicións de carácter xeral que deben ser sometidas a un período de información pública durante a súa tramitación.

Durante o prazo de envío de suxestións, as persoas, individualmente ou por medio de asociacións que as agrupen ou representen, poderán remitilas a través dun formulario que se habilitará para cada normativa. Deste xeito, o órgano encargado da tramitación do texto do proxecto poderá asumir ou rexeitar as súas proposicións, suxestións ou recomendacións a través dun informe final, no que constará a resposta razoada a cada caso, agás naqueles de recoñecida e notoria urxencia. Neste último suposto, a resposta poderá ser común para todas aquelas suxestións que formulen cuestións substancialmente iguais.

Debe terse en conta que a presentación de propostas non lle atribúe, por si mesma, a condición de persoa interesada no procedemento, e tamén que o previsto anteriormente non substitúe o trámite de audiencia pública nos supostos nos que sexa preceptivo de acordo coa normativa de aplicación.

Última modificación: Wednesday, 06 November 2019